A Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais foi creada para establecer un marco de referencia dentro do Consello da Cultura Galega onde se puidese debater e estudar unha parte quizais menos vistosa da creación artística e das representacións culturais, pero fundamental para o desenvolvemento cultural do país.
O presente documento intenta sintetizar reflexións aportadas por persoas cunha grande experiencia e coñecemento especializado, convocadas polo Consello da Cultura Galega durante a vixencia do estado de alarma pola emerxencia sanitaria da COVID-19, sobre os retos e estratexias de futuro para a xestión e políticas culturais galegas. Trátase de achegar unha ollada local, pública e de proximidade, ofrecendo un conxunto de datos imprescindible para comprender a complexidade do fenómeno que a crise sanitaria vai supor para a sociedade galega en xeral, e para a cultura en particular.


[Data da nota de prensa: xullo 2020]

Título Xestión e Políticas Culturais nos concellos.
Retos ante a COVID-19
Coordinación Sergio Lago
Publicación Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2020
Edición 1ª Edición
Descrición física 47 p. (Edición dixital)
Notas Non hai edición en papel
DOI 10.17075/cbfc.2020
Materias
Áreas
Código QR
qr code